Baladas da Galiza imaxinaria

Baladas da Galiza imaxinaria
ÁLBUM
Baladas da Galiza imaxinaria
Uxía & Narf
  • Artista:

    Uxía & Narf

  • Data de lanzamento:

    maio 2015

  • Xénero:

    pop

Baladas da Galiza imaxinaria

Dous grandes da música galega, UXÍA e NARF, publican en xuño de 2015 o seu primeiro disco conxunto: ‘Baladas da Galiza imaxinaria’.

Trátase dun proxecto que nace do talento e da sensibilidade de dous artistas que en cada balada abren portas e ventás aos corazóns inquedos e aventureiros. Eles cóntano así: 

Na primavera de 2014 cantamos xuntos por primeira vez nunha xira por Chile, Arxentina e Uruguai. Polo camiño, fomos descubrindo que os nosos xeitos, tan diferentes, harmonizaban na sinxeleza, no gusto pola experimentación e no espírito inquedo e viaxeiro. Foi así como recreamos, man á man, algunhas das cancións fundamentais dos nosos respectivos repertorios e outras novas que agora ven a luz.

Entre conversas, encontros e concertos fomos debullando e compartindo a idea dun espazo emocional, que vai alén do puramente xeográfico, que latexa vivo e fértil, no interior de moitas almas espalladas por todo o mundo. Persoas que non beben necesariamente das mesmas fontes culturais, ou que nin sequera son galegas ou de ascendencia galega. Amantes do noso, sen máis. Habitantes da Galiza Imaxinaria.

Pensala desde calquera lugar ou sentimento, ou desde ópticas tan diversas como a curiosidade, a lembranza, a saudade, a esperanza, o descoñecemento, a crítica ou mesmo o desencanto é, dalgún xeito, facela real. Tamén cantala.

Gustaríanos que escoitarades as nosas ‘Baladas da Galiza Imaxinaria’ como un convite a transitar por este espazo inacabado do que tamén sodes parte. E que vos preste a viaxe.

Uxía e Narf

PUNTOS DE VENDA

Consulta aquí os lugares onde podes mercar o disco.

CRÉDITOS

‘Baladas dunha Galiza imaxinaria’ é unha produción ASISÍ, editada por Edicións da Madriña. 

Gravada por Fran Pérez “Narf”. Editada e mesturada por Antonio Vázquez. Masterizada por Carlos Diéguez.

Concepto e Dirección Artística:
Uxía & Narf

Uxía: voz. Narf: voz e guitarra eléctrica.

Deseño gráfico: Víctor Aparicio
Fotos e vídeos: Karlos Abal 

Gravado nos estudios ASISÍ entre outubro de 2014 e marzo de 2015.

Agradecementos:

Guadi Galego, Cristian Figueroa, Fátima Soliz, Roberto Varela, Sérgio Tannus, Santiago Auserón, Tati Moyano, Rosa Bugallo e Suso Coba (Dezaseis).

 

Outros discos