Debido a un inoportuno problema de saúde de Fran Pérez, NARF, vémonos na obriga de aprazar os concertos de presentación do disco ‘Baladas da Galiza Imaxinaria’ programados para as vindeiras semanas. Fran terá que gardar repouso por prescrición médica. En canto se recupere, agardamos retomar a xira con normalidade en próximas datas, que serán anunciadas coa suficiente antelación. O importe das entradas mercadas será devolto nos puntos de venda onde foron adquiridas. Pregamos desculpas polas molestias que poidan ter causado estas cancelacións, e agradecemos de antemán a comprensión.

Bicos,

Uxía & Narf

prix viagra en suisse